Axudas do Bono Remuda (TR353D) 2026


 Convocatoria 2026 aberta do 11 de febreiro ao 30 de setembro de 2026

Infografía explicativa


Finalidade da axuda

O obxectivo destas axudas é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller o testemuño dun negocio xa viable economicamente.

Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, coa excepción dos negocios que foron obxecto de remuda antes da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

Conta con dúas liñas de actuación:

- Liña 1. Bono relevo rural, para negocios situados en municipios de menos de 10.000 habitantes.

- Liña 2. Bono relevo xeneral, para negocios situados en municipios de 10.000 ou máis habitantes.

Contía da axuda

A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros, excepto nos casos en que o obxecto da remuda estea constituído por unha licenza de actividade que habilite para o seu desenvolvemento, segundo o disposto, caso en que a contía máxima subvencionable por remuda será de 10.000 euros.

Pola súa banda, as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio percibirán un importe de 6.000 euros cando o negocio que transmiten se encadre na liña 1: bono remuda rural, e de 3.000 euros cando o negocio que transmiten se encadre na liña 2: bono remuda xeral.

En todo caso, estes importes quedarán condicionados á contía recoñecida á persoa beneficiaria principal prevista, de maneira que en ningún caso este importe (6.000 € ou 3.000 €), poderá superar a axuda concedida á persoa beneficiaria principal.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas. as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036, sempre que cumpran os requisitos establecidos.

Tamén poden ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio e sexan identificadas como tal na solicitude realizada pola persoa remudista, quedando vinculadas ambas as persoas para a concesión da subvención, debendo cumprir algún dos requisitos establecidos.


Acceso á ficha da axuda