Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio - 2025


Infografía explicativa

 Convocatoria 2025 aberta entre o 19 de febreiro e o 18 de marzo de 2025Ficha da sede electrónica


A finalidade deste programa é a concesión das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas.

Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Tamén ten por finalidade sufragar a contratación ou a prórroga da contratación realizada ao abeiro da convocatoria do ano 2024 se fora o caso, dunha persoa técnica para a realización de funcións de asesoría e apoio directo ás persoas autónomas para a mellora da súa competitividade, integradas nas entidades asociativas máis representativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que obteñan a subvención da liña 1 desta convocatoria, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Esta subvención tiene dos líneas definidas:

Liña 1, subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento.

Liña 2, subvención para a contratación laboral ou prórroga da contratación dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.

Gastos subvencionables

Liña 1. Subvención ás entidades asociativas para o seu funcionamento

Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a.1) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

b.1) Arrendamentos de locais.

c.1) Servizos profesionais independentes.

d.1) Primas de seguros.

e.1) Publicidade e propaganda.

f.1) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g.1) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.

h.1) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i.1) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

j.1) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.

k.1) Gastos de arrendamento financeiro sen opción de compra (renting)

Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 65.000 €.

Liña 2. Subvención para a contratación laboral ou prórroga da contratación dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas.

Co obxecto de asesorar e apoiar de maneira directa ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas recollidas no artigo 1, será subvencionable a contratación ou a prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2024 se fora o caso, dunha persoa técnica para a realización desas funcións, durante un período máximo dun ano, no período comprendido entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, para as entidades asociativas que obtivesen a subvención da liña 1 da convocatoria.

A contía da subvención será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, ata un máximo de 12 mensualidades, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, da persoa que se vai contratar, ou da prórroga, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude, e acorde coa súa categoría profesional.

A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 32.108,92 € para contratos de xornada a tempo completo e duración dun ano do período subvencionable.

O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial. No caso de xornada a tempo parcial, esta non pode ser inferior ao 50 %.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.


Publicación DOG