Formación para o emprego autónomo

FORMACIÓN ORDINARIA

As persoas traballadoras autónomas poden participar nas accións de formación dirixidas a persoas ocupadas planificadas pola Xunta de Galicia.

Por iso, de xeito habitual, desde o portal web do Servizo Público de Emprego de Galicia podes acceder á relación completa dos cursos, coa posibilidade de solicitar a túa participación nos que resulten do teu interese. Dentro da páxina que se abra, selecciona no buscador Formación para -> Ocupados e o concello e especialidades que consideres interesante.

Pulsa no seguinte botón para acceder directamente (lembra, unha vez dentro, que podes consultar os cursos para persoas autónomas seleccionando esa opción no filtro de "Situación laboral"):

Ademais, a Fundación Estatal para o Emprego (Fundae) pon a disposiciópn de todas as persoas traballadoras autónomas un catálogo moi extenso de cursos gratuítos, co obxectivo de avanzar no seu negocio, ampliar os seus coñecementos e facer a súa actividade máis eficiente e moderna.

A Fundae ten evolucionado o buscador dos seus cursos, ao que che invitamos a acceder a través do seguinte enlace:

Para localizar o curso que máis se adapte ás túas necesidades, responde ás cuestións que vai presentando no buscador e selecciona o curso, a modalidade ou a provincia correspondente.


Consulta periódicamente esta información e aproveita a posibilidade de potenciar o teu perfil competencial para mellorar os resultados do teu negocio.

Tes moitos cursos onde elixir!