Axudas do Bono Remuda 2024


 Convocatoria 2024 aberta do 7 de xuño ao 30 de outubro de 2024


Infografía explicativa

Obxectivo

Finalidade da axuda

O obxectivo desta axuda é o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

Deste xeito, o que busca é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente. Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Conta con dúas liñas de actuación:

- A liña 1. Bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 5.000 habitantes.

- A liña 2. Bono remuda xeral, para negocios situados en concellos de 5.000 ou máis habitantes.

contia

Contía da axuda

A porcentaxe do prezo do contrato para subvencionar varía segundo a liña de axuda:

- Na liña 1. Bono remuda rural, subvenciónase o 75 % do prezo do contrato de remuda.

- Na liña 2. Bono remuda xeral, subvenciónase un 70 % do prezo do contrato de remuda.

A intensidade da axuda, en calquera das liñas, poderá incrementarse un 5 % máis sobre o total cando se dea algunha das seguintes circunstancias, acumulables entre si:

- Que a persoa que adquire o negocio sexa unha muller.

- Que a persoa que adquire o negocio sexa menor de 30 anos na data da solicitude.

- Que a persoa que adquire o negocio teña os 52 anos feitos na data da solicitude.

- Que o negocio traspasado teña máis de 5 traballadores.

Igualmente, e no caso da liña 1. Bono remuda rural, a intensidade da axuda incrementarse un 10 % máis cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

- Que a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada.

- Que a persoa que adquire o negocio sexa estranxeira.

- Que a persoa que adquire o negocio estea empadroada na mesma localidade en que se atope o negocio ou actividade que se remuda con anterioridade á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros.

persoas

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.

Modelo do cartel para dar publicidade da axuda recibida do Bono Remuda 2024

Modelo segundo se establece no artigo 23.h da orde que regula a convocatoria