A continuación se presenta un recompilatorio das infografías informativas que se van elaborando para as distintas liñas de axudas que convoca a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ao longo deste ano 2023, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo, segundo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Programa de axudas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 03/02/2023

Esta axuda ten por finalidade favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras (TR349F).

Infografía


Plan Galicia Emprega - Incentivos a la contratación y a la formación - 31/01/2023

Axudas para favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia (TR342C).

Infografía


 

Subvencións para organismos intermedios sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas - 28/01/2023

Axudas para desenvolver accións de fomento de emprego en colaboración para a contratación de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (TR349Z).

Infografía


 

Bono das persoas autónomas - 24/01/2023

Axudas para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias para realizar investimentos (TR341Q).

Infografía


 

Programa Xempre Autónomo - 24/01/2023

Axudas económicas a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral (TR341D).

Infografía


 

Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio - 24/01/2023

Axudas subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios a estas entidades (TR358A).

Infografía


 

Programa Impacto Autónomo - 04/01/2023

Axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do programa Impacto Autónomo, dirixidas a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e dos subministros que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas (TR890A).

Infografía


 

Programa Investigo - 02/01/2023

Subvencións á contratación de persoas mozas, polos organismos de investigación, entidades públicas suxeitas a dereito privado, entidades privadas sen ánimo de lucro, xunto con empresas que estean a investir en investigación e innovación pertencentes ao sector público ou privado, na realización de iniciativas de investigación e innovación. (TR349V).

Infografía