A Oficina virtual do emprego autónomo pon tamén a disposición das persoas traballadoras autónomas rexistradas un espazo gratuíto para difundir ou divulgar ofertas de colaboración para interactuar ou promover sinerxias con outras persoas traballadoras autónomas rexistradas dentro da propia oficina virtual.

Por suposto, é outro dos contidos voluntarios e sen custe que achega a Oficina virtual do emprego autónomo, e que busca dar a oportunidade a calquera persoa traballadora autónoma de localizar a outra ou outras para acceder, de xeito colaborativo, a contratos ou proxectos aos que por si soa non podería chegar, promovendo o seu crecemento e a busca de interacción entre elas.