Que é o escaparte virtual
Outro dos principais obxectivos da Oficina virtual do emprego autónomo é servir de espazo de colaboración e divulgación dos negocios das persoas traballadoras autónomas de Galicia, permitindo dalos a coñecer e difundir o labor que están a desenvolver día a día.
Con ese obxectivo, este apartado de Escaparate Virtual pretende dar visibilidade e ser de apoio na difusión dos negocios das persoas traballadoras autónomas que se teñen dado de alta na Oficina virtual do emprego autónomo.
É preciso lembrar que este espazo, como todos os servizos que se achegan dende a Oficina virtual do emprego autónomo son gratuítos, non supoñendo ningún tipo de custe para as persoas autónomas que desexen utilizala.
Este escaparate virtual é xestionado en exclusiva pola persoa autónoma desde a súa zona privada, pero será visible desde a zona pública para o público en xeral, pudendo empregala como unha tarxeta de presentación virtual se o desexa.
No seu escaparate virtual, a persoa traballadora autónoma poderá incluír aqueles detalles dos seus servizos, ofertas, imaxes ou a localización e medios de contacto que considere interesantes, pudendo modificar o seu contido tantas veces como o desexe de xeito libre e en calquera momento.
Para poder ter o escaparate virtual propio só é necesario darse de alta como usuario desde este enlace:
Alta de usuario na oficina do autónomo
No seguinte enlace poñemos a túa disposición tamén un exemplo de escaparate virtual para que che sirva de referencia: