Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2021
Obxectivo
O Programa de mentoring promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo reducir os riscos de 200 persoas traballadoras autónomas na súa actividade profesional, acompañadas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual contribuíndo, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e á súa actividade económica.
- PRAZO DE SOLICITUDE PECHADO O 30 DE ABRIL DE 2021 -
Condicións para participar
Poideron ser beneficiarias do proxecto as persoas traballadoras autónomas que:
a. Tiveran o seu domicilio fiscal en Galicia,
b. En primeiro lugar, e de modo preferente, recibiran algunha axuda dos "Plans de rescate da Xunta de Galicia dirixidos a persoas traballadoras autónomas e microempresas",
c. En segundo lugar, e de modo prioritario, tiveran unha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional,
d. En terceiro lugar, tamén de modo preferente, tiveran recibido algunha outra axuda da Xunta de Galicia dirixidas a persoas traballadoras autónomas,
e. Que se anotasen, de forma voluntaria e no prazo marcado,
f. Excepcionalmente, e no caso de que quedasen vacantes, poderán inscribirse as persoas traballadoras autónomas que participasen no Proxecto Piloto de Mentoring no 2020.
Plan de acción do proxecto
Cada persoa traballadora autónoma participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.
A cada persoa traballadora autónoma participante se lle asignará un mentor ou mentora (“matching”) en función do tipo de apoio indicado na ficha de inscrición.
Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 1 a 2 horas e durante un período máximo de 7 meses.
Durante a realización do mentoring, ofreceránse "mentorías de apoio" para, de forma puntual, poder traballar outras áreas de traballo.
Ao rematar o “matching” formalizarase o seu peche e se analizarán os obxectivos acadados.
Prazo de inscrición no proxecto
O prazo de inscrición para participar no proxecto estivo aberto entre o 25 de marzo e o 30 de abril de 2021 ata esgotar as prazas dispoñibles.
Tes algunha dúbida ou pregunta?
Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa Oficina do Emprego Autónomo e che axudaremos.