Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación de colectivos vulnerables


 Convocatoria 2023 aberta ata o 29 de setembro de 2023


Infografía explicativa

O Plan Galicia emprega de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables conta con dúas liñas de axudas:

Incentivos á contratación por conta allea

Inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos-descontinuos sexan subvencionables, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados.

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023, ambas datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

A contía máxima posible que se pode subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 36.000 euros.

Incentivos ás accións formativas no centro de traballo

De carácter opcional, vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda.

b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 29 de outubro de 2023. 

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos.


Acceso á ficha da axuda