Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2022
Obxectivo
O Programa de mentoring promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo reducir os riscos de 200 persoas traballadoras autónomas na súa actividade profesional, acompañadas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual contribuíndo, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e á súa actividade económica.
- PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O 22 DE SETEMBRO DE 2022 -
Condicións para participar
Poderan ser beneficiarias deste Programa as persoas dada de alta como traballadoras autónomas que:
- Teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
- se inscriban de forma voluntaria e no prazo marcado no Programa.
Dentro deste colectivo, terán prioridade:
- En primeiro lugar, as persoas autónomas que teñan unha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional e
- En segundo lugar, e de modo preferente, aquelas que recibiran algunha axuda do Programa de promoción de emprego autónomo ou do Plan de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación entre os anos 2017 e 2021 (ámbolos dous incluídos).
Plan de acción do proxecto
Cada persoa traballadora autónoma participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.
A cada persoa traballadora autónoma participante se lle asignará un mentor ou mentora (“matching”) en función do tipo de apoio indicado na ficha de inscrición.
Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada entre 1 e 2 horas, durante un período máximo de 7 meses.
Durante a realización do mentoring, ofreceránse "mentorías de apoio" para, de forma puntual, poder traballar outras áreas de traballo.
Ao rematar o “matching” formalizarase o seu peche e cada mentor ou mentora analizará os obxectivos acadados.
Prazo de inscrición no proxecto
O prazo de inscrición para participar no Programa estivo aberto entre o 22 de agosto e o 22 de setembro de 2022 ata esgotar as prazas dispoñibles.
Tes algunha dúbida ou pregunta?
Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa Oficina do Emprego Autónomo e che axudaremos.