Infografías axudas 2025
A continuación se presenta un recompilatorio das infografías informativas que se van elaborando para as distintas liñas de axudas que convoca a Consellería de Emprego Comercio e Emigración ao longo deste ano 2025, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo, segundo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Subvención para o financiamento do Programa investigo - 28/01/2025
Subvencións destinadas ao financiamento da contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de persoas empregadoras ou empresas que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación recollidas nesta norma, así como polos centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con persoalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal. (TR349V).
Axudas do Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria - 24/01/2025
Plan que integra os apoios á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables definidos, a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas, para o incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo, para o incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses e para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade. (TR342C).
Axudas do Bono Remuda para o fomento da remuda xeracional - 17/01/2025
Axudas do Bono remuda para evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio; Tamén pode estar motivada por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente. (TR353D).
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 17/01/2025
Estas axudas apoian a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante el Bono Autónomo Concilia I (contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento), o Bono Autónomo Concilia II (contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia) ou o Bono Autónomo Concilia III (apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia) (TR341R).
Programa do bono das persoas traballadoras autónomas - 17/01/2025
Esta axuda céntrase nas persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante investimentos relacionados directamente cos mesmos. Céntrase principalmente en axudar a cimentar os proxectos que xa superaron os 42 primeiros meses de vida (TR341Q).
Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 17/01/2025
Esta axuda céntrase nas persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver a emprender, no mesmo ou diferente sector, a través do Bono nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio (TR790A).
Promoción do emprego autónomo e Cota Cero - 17/01/2025
Dúas liñas de axuda económica (unha para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego e outra para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida) a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral (TR341D).
Axudas para a contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 17/01/2025
Estes incentivos diríxense a dar apoio á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo. A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras. Este programa inclúe dous tipos de axudas, compatibles entre si: Bono de contratación e Bono de formación (opcional) (TR349F).