A continuación preséntase un recompilatorio das infografías informativas elaboradas para as distintas liñas de axudas que se están a convocar pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ao longo deste ano 2022, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Programa Xempre Emprende - 30/09/2022

Apoios para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR880A).

Infografía


 

Programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 10/08/2022

Apoios ás persoas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio e ás que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren volver emprender noutro sector (TR790A).

Infografía

 


 

Subvencións destinadas ao financiamento do Programa Muller 22 - 04/07/2022

Subvencións dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo (TR770A).

Infografía

 


 

Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19 - 03/04/2022

Axudas para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 (TR760A).

Infografía

 


 

Programa de apoio a pequenas empresas de nova creación - 21/02/2022

Apoio ás empresas, independentemente da forma xurídica que adopten, en materia de xeración de emprego estable, para a formación, o inicio da actividade e para a conciliación das persoas promotoras. (TR807I).

Infografía

 


 

Incentivos ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica - 21/02/2022

Subvencións para apoiar o inicio da actividade nun prazo non superior a un ano desde a cualificación de IEBT do proxecto e que cree emprego estable. (TR340E).

Infografía

 


 

Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 02/02/2022

Subvencións para compensar a contratación dunha persoa que permita favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral. (TR341R).

Infografía

 


Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 28/01/2022

Subvencións para promover a contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais. (TR349F).

Infografía

 


Plan Galicia. Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 28/01/2022

Axudas para apoiar a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral. (TR342C).

Infografía

 


Plan Galicia. Emprego con apoio - 28/01/2022

Apoios para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral. (TR342A).

Infografía

 


Axudas á promoción do emprego autónomo - 30/12/2021

Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo. (TR341D).

Infografía

 


Programa do bono das persoas autónomas - 30/12/2021

Axudas do programa do bono das persoas autónomas (TR341Q).

Infografía

 


Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 30/12/2021

Axudas para a contratación de persoas mozas para a realización de iniciativas de investigación e innovación (TR349V).

 

Infografía