Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet oficinadoautonomo.gal (en diante, o “Portal') que Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade (en diante, Consellería) pon a disposición das persoas usuarias da Internet, pretendendo fomentar o acceso da cidadanía á información relativa ás iniciativas e servizos da Consellería, facilitando así as súas relacións coa mesma.

A Consellería é a titular do dominio de Internet de segundo nivel oficinadoautonomo.gal e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado neste Portal realízase con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que deben ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial. Aínda así, efectuaranse os esforzos precisos para que a dita información sexa exacta e actualizada, pero a Consellería non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Consellería resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

A Consellería non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Consellería non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade da Consellería.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para uso exclusivamente persoal, con suxeición ás seguintes condicións:

  1. Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

  2. A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

  3. Esta licenza non reduce nin restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta deste Portal.

A Consellería procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Internet Explorer, Google Chrome, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Safari, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels ou superior.

Privacidade

Coa túa navegación, prestas o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Consellería, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a túa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a túa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se deseas denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, preme aquí.

Lembrámosche que deberás executar esta acción cada vez que cambies de navegador ou a súa configuración, ou se eliminas as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

Aos efectos do previsto no Regulamento xeral de protección de datos persoais, a Xunta de Galicia infórmache que a Consellería, en base ao cumprimento dunha misión de interese público establecida pola Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Emprego, está a tratar os teus datos coa finalidade de remitirche información e comunicacións relativa ás actividades de xestión de políticas activas de emprego e do emprendemento.

A información existente no citado ficheiro está destinada á prestación de servizos ás personas autónomas pola Consellería, entre outros, para remitir información relativa a axudas e recursos de apoio ao emprego autónomo que puideran resultar do teu interese, participar en cursos de formación o actividades de colaboración con outras persoas autónomas ou con persoas usuarias interesadas no teu negocio, así como calquera outro servizo dedicado a mellorar a estabilidade e a calidad do teu emprego autónomo.

Así mesmo, en cumprimento do disposto na citada normativa, informámosche que poderás exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación, oposición, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional. Poderás exercer estes dereitos dirixíndote a calquera oficina territorial da Consellería, ou ante o responsable do ficheiro:

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E IGUALDADE

SAN LÁZARO, S/N

15703-SANTIAGO DE COMPOSTELA

A CORUÑA-ESPAÑA

Como podo contactar

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas neste Portal.

Está prohibido utilizar este Portal con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

A persoa usuaria non poderá acceder ao Portal de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.