Programa Camiño Emprendedor - 2025
Presentación do Programa
A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pon en marcha neste 2025 unha nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras compartindo unha etapa do Camiño de Santiago.
O obxectivo principal de cada etapa é a mellora dos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía de mentoría “Facendo Camiño”.
Obxectivos transversais do Programa
- Desenvolver cada etapa en dúas xornadas, utilizando e promocionando negocios de hostalería e aloxamento que servan como exemplo pola súa vinculación ao Camiño de Santiago, pola singularidade do seu modelo de negocio, pola súa defensa das tradicións ou outras características que resulten de interese.
- Mentorizar a persoas emprendedoras axudándolles a consolidar os seus proxectos empresariais e xerar contactos de interese para atraer novas oportunidades.
- Practicar as relacións profesionais e fomentar as habilidades de comunicación e xeración de alianzas.
- Promover e dar a coñecer Galicia e o Camiño de Santiago en España e fora dela, utilizando as diferentes rutas recoñecidas de forma oficial.
- Impulsar nas rutinas de traballo das personas, hábitos saudables como realizar exercicio ou o contacto coa natureza.
- Difundir a boa práctica de “tomar decisións camiñando”, respaldada por diversos estudos científicos.
Obxectivos específicos do Programa
Cada etapa terá tres áreas de traballo especializado:
- Unha primera con foco na sustentabilidade: cada participante debe de expoñer un exemplo sobre como aplica algún dos ODS na súa actividade profesional.
- Unha segunda con foco na capacidade de relacionarse, practicando as competencias emprendedoras e creando unha rede de contactos.
- E unha terceira con foco na mellora sobre a xestión do seu tempo, tomando como referencia o que tiveran que planificar para poder participar neste proxecto.
Etapas do Programa Galicia Camiño Emprendedor 2025
- En tódalas etapas participarán 6 persoas emprendedoras, 6 persoas mentoras e 3 persoas dinamizadoras da Fundación Ronsel (en total 15 persoas por etapa).
- Cada unha das etapas terá un nexo de conexión co exterior de Galicia, en referencia á procedencia das 12 persoas participantes.
Nesta edición 2025 as etapas do Programa serán as seguintes: