Programa I Promoción de emprego autónomo


Aviso! Debido ás circunstancias excepcionais motivadas pola COVID-19 non será necesario achegar o plan de negocio e/ou viabilidade (artigo 23 da orde).

 Pechada a convocatoria 2021

O prazo para presentar as solicitudes foi do 5 de agosto ao 30 de setembro de 2021.


 

 

A finalidade é conceder unha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

A contía da axuda poderá ser, como mínimo, de 2.000€ e poderá chegar ata os 10.000€ atendendo ás seguintes situacións da persoa solicitante no momento de inicio da actividade:

2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas menores de 30 anos.

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

A contía base que lle sexa de aplicación incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

f) Profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III da orde.


Definicións

Tal e como establece o artigo 5 da orde que publica as bases e a convocatoria para o ano 2021, persoa desempregada é aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, na data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Así mesmo, se entenderá por data de inicio da actividade laboral a data de inicio da actividade laboral a data de inicio que figura na solicitude de alta como persoa autónoma no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional; esta data será a que figura recollida no documento de alta do Ministerio de Traballo e Economía Social, así como nos informes de vida laboral

Acceso á ficha da axuda