O bono autónomo 2022
O bono autónomo
Convocatoria 2022 aberta ata o 14 de febreiro de 2022
A finalidade é a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:
- Estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional,
- Teñan domicilio fiscal en Galicia,
- Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e
- Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Esta axuda concédese para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
Nesta convocatoria se contou novamente con dúas liñas de actuación:
Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos
- Plan estratéxico do negocio
- Plan de reorientación do negocio
- Plan de refinanciamento
- Plan de márketing
- Plan de eficiencia enerxética
- Plan de biodiversidade
- Plan de comunicación do negocio
- Plan de transformación dixital
- Outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade
- O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021
Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos
- Compra de maquinaria
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
- Compra de utensilios e ferramentas
- Reforma do local do negocio
- Equipamento informático
- Equipamento de oficina e/ou negocio
- Rótulos
- Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais
- Deseño de marca
Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 €.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.