Plan Galicia - Programa II Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas


 O prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o 28 de xaneiro e o 30 de setembro de 2022.


Este programa ten como obxecto promover no 2022 os incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas (á primeira, segunda ou terceira contratación indefinida) realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

O programa componse de duos tipos de bonos:

  • Bono de contratación. Proporcionarase unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Para esta liña, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos definidos, serían:

– Para a primeira persoa traballadora indefinida 16.250 €.

– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 22.500 €.

  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

As persoas autónomas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto na orde.

Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas iniciais cunha axuda de 4.000 € por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido que en ambos casos cumpran os requisitos establecidos na orde.


Definicións

Tal e como establece o artigo 5 da orde que publica as bases e a convocatoria para o ano 2022, persoa desempregada é aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, no momento da súa contratación.

Do mesmo xeito, defínese acción formativa como aquela formación a impartir, ben con medios propios da entidade beneficiaria ou ben a través dunha entidade externa ou expertos, co obxecto de que a persoa traballadora participante adquira coñecementos e habilidades en relación co posto de traballo a desenvolver na empresa participante no marco do programa

Acceso á ficha da axuda