Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 2022


  • 28/01/2022
  • 30/09/2022
Accede dende aquí

TR349F - Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 2022

Infografía explicativa

Data de publicación: 28/01/2022

Data inicio de solicitude: 29/01/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia e que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

i. Primeira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 4.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
Esta axuda será de 6.500 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas en situación ou risco de exclusión social.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 6.500 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
Esta axuda será de 9.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías resultantes incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.
e) Persoas trans.
f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Observatorio do Emprego, tal e como figuran no anexo V desta orde.

Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:
– Para a primeira persoa traballadora indefinida 16.250 euros.
– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 22.500 euros.

b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora subvencionada por medio do programa de bono de contratación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.


Publicación DOG Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 28 Xaneiro, 2022
Válido ate: 
venres, 30 Setembro, 2022