Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas - 2026


  • 31/08/2026
  • 07/12/2026

TU986B - Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas - 2026

Data de publicación: 31/08/2026

Data inicio de solicitude: 07/08/2026

Data remate de solicitude: 07/12/2026

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto convocar as subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas.

Características da axuda

Serán actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Pódense diferenciar as seguintes tipoloxías de proxectos subvencionables:

A. Actuacións de eficiencia enerxética.

A.1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

Obxectivo. Reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a mellora da eficiencia enerxética da súa envolvente térmica no seu conxunto ou nalgún dos elementos que a compoñen.

A.2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.

B. Actuacións en enerxías renovables.

B.1. Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou parte do edificio destinado a establecemento turístico mediante o uso da enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración ou climatización de piscinas.

B.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico mediante o uso da enerxía xeotérmica para un ou varios dos seguintes usos: calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.

B.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso de biomasa como combustible para calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.

B.4. Substitución de enerxía convencional por sistemas de aerotermia ou hidrotermia.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a instalación de bombas de calor de aerotermia ou hidrotermia de alta eficiencia.

B.5. Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo.

Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso da enerxía solar fotovoltaica para a produción de electricidade.

Os investimentos só poderán ser subvencionables sobre a base dunha auditoría enerxética previa, en que se recollan o estado actual do edificio e as medidas de mellora propostas.

O cálculo do aforro en enerxía primaria non renovable realizarase a partir do certificado enerxético do edificio na situación actual, rexistrado no Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia RGEEE, e o certificado enerxético do edificio coas actuacións subvencionables.

Os gastos subvencionables clasifícanse en custos directos, é dicir, aqueles que se poden asignar de maneira clara ás unidades que constitúen o proxecto e que se determinan con base no seu custo real, e custos indirectos, aqueles que afectan de xeito xenérico o proxecto e que se determinan con base no método de custos simplificados establecido no artigo 54.a) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

A intensidade da axuda dependerá do alcance do aforro acadado. A porcentaxe máxima de subvención respecto ao custo subvencionable será:

Aforro mínimo en enerxía primaria de orixe non renovable (%) Investimento subvencionable Porcentaxe de axuda
30 % 50 %
40 % 70 %
50 % 90 %

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas e xurídicas que teñan a condición de peme que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.


Publicación Boletín

Ficha sede electrónica

Válido dende: 
luns, 31 Agosto, 2026
Válido ate: 
luns, 7 Decembro, 2026