Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 2025
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma (TR341R) 2025
Convocatoria 2025 aberta entre o 24 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025
Finalidade do Programa
Estas axudas están dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia para apoiarlles na consecución da conciliación da vida familiar e laboral, mediante 3 tipos de bonos.
Tres tipos de Bonos
Bono autónomo Concilia I.
Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato para realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso.
A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada segundo a definición recollida na Orde, e debe realizarse dentro do período subvencionable (1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025). O contrato formalizarase por escrito, en modelo oficial, e as tarefas para realizar pola persoa substituta debe ser as mesmas que as da persoa traballadora autónoma substituída.
Neste Bono Autónomo Concilia I será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración do mesmo. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación, e pola duración da dita baixa, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste Programa.
O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade ou paternidade, salvo nos casos previstos, no que se terán en conta tamén os 2 meses previos de contrato.
Nos supostos de risco durante o embarazo o período máximo que se terá en conta para a axuda será de oito meses de contratación, sendo por tanto o importe máximo que se pode percibir de 8.800 €.
No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez finalizado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e alcanzará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables entre si:
a) Mulleres.
b) Persoas menores de 30 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración no momento do contrato de substitución.
d) Persoas maiores de 52 anos.
e) Persoas con discapacidade.
f) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
g) Persoas emigrantes retornadas.
h) Persoas estranxeiras.
2. Bono autónomo Concilia II.
Para ser beneficiaria a persoa solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/o persoa con discapacidade ou dependencia.
No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/o persoa con discapacidade (grao igual ou superior o 33 %) e/o dependente, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 7.500 € e alcanzará os 9.000 € cando a persoa encádrese nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Mulleres.
b) Persoas menores de 30 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración.
d) Persoa maiores de 52.
e) Persoas con discapacidade.
f) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
g) Persoas emigrantes retornadas.
h) Persoas estranxeiras.
3. Bono autónomo Concilia III.
A persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/o persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/o persoa con discapacidade (grao igual ou superior o 33%), e/o dependente, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
Neste Bono Autónomo Concilia III será subvencionable, o 75% dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/o persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €.
Os tres tipos de axudas reguladas neste capítulo: Bono Autónomo Concilia I, Bono Autónomo Concilia II e Bono Autónomo Concilia III serán compatibles entre si.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas. Ao mesmo tempo poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual a condición de que cumpran os requisitos establecidos.