Programa de apoio ao peche do lecer nocturno
O PRAZO DE SOLICITUDE ESTIVO ABERTO ATA O 15 DE MARZO
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas e entidades, físicas e xurídicas (persoas autónomas, microempresas e pemes), con domicilio fiscal en Galicia que desenvolvan a actividade económica dun establecemento de lecer nocturno e que se acolleron ao peche opcional desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, nos termos establecidos na orde da Conselleria de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
Inclúense como establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés espectáculo, salas de festas, salas de concertos, cafés concerto, cafés teatro, cafés cantante, cafés espectáculo, cafés de categoría especial, karaokes, pubs e tablaos flamenco encadrados no Catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quedarán excluídas aqueles establecementos que adiantasen ou atrasasen a outras datas as festas e eventos previstos nos días indicados no parágrafo primeiro do artigo 2 da presente orde ou realizasen promocións, anuncios ou publicidade dos indicados eventos a través de redes sociais, mensaxes de difusión ou cartelaría tradicional.
Requisitos
As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
Ter domicilio fiscal en Galicia.
Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembro de 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.
O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
Contía da axuda económica
As axudas concederanse polos seguintes tramos e en función dos metros cadrados do local:
Establecemento de lecer nocturno de menos de 100 metros cadrados: 2.500 €.
Establecemento de lecer nocturno de máis de 100 e ata 250 metros cadrados: 5.500 €.
Establecemento de lecer nocturno de máis de 250 e ata 500 metros cadrados: 9.000 €.
Establecemento de lecer nocturno de máis de 500 e ata 700 metros cadrados: 14.000 €.
Establecemento de lecer nocturno de máis de 700 e ata 2.000 metros cadrados: 27.000 €.
Establecemento de lecer nocturno de máis de 2.000 metros cadrados: 45.000 €.
Obrigas das persoas solicitantes
As persoas solicitantes se obrigan, entre outras, a:
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de pagamento da subvención.
- Comunicar calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
- Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade do financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Fondo Social Europeo, colocando nos espazos de atención ao público un cartel dun tamaño mínimo A3 durante o período mínimo dun ano desde o pagamento da subvención. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela.
- Manter o emprego por conta propia e/ou allea ata o 30 de xuño de 2022.
- Presentar os indicadores de resultado a longo prazo a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará á disposición no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade, referidos aos seis meses despois de que finalice o período de mantemento da actividade do 30 de xuño de 2022.
Definición empresa en crise - Punto 18º do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión
Tal e como establece o punto 3º do artigo 5º da Orde que regula o Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, as empresas e persoas autónomas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non estaban en crise a 31 de decembro de 2019 coa excepción das micropemes e pemes que estando en crise nesa data, non se atopaban inmersas nun procedemento concursal nin recibisen unha axuda de salvamenteo ou de reestruturación. No botón da dereita se pode acceder ao Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión no que se define o dito concepto de empresa en crise.