Axudas ao emprendemento 2024
Axudas ao Emprendemento 2024
Convocatoria 2024 aberta do 12 de febreiro ao 28 de xuño de 2024
Finalidade da axuda
O obxectivo desta axuda económica é dar apoio ao emprendemento das persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade é facilitar estas iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en consecuencia, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.
Contía da axuda
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
d) Con inversións de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, as pequenas e medianas empresas e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego que cumpran cos dous requisitos seguintes:
- que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e
- que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.