Programa para a promoción do emprego autónomo e a cota cero 2024


Project Image


 Convocatoria 2024 aberta entre o 16 de xaneiro e o 30 de setembro de 2024


Infografía explicativa

Finalidade da axuda

A finalidade deste programa é promover dúas liñas de axuda económica para aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

Establécense 2 liñas de axudas:

a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Contía da axuda

A Liña 1 céntrase en apoiar ás persoas desempregadas no inicio da actividade e no mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral. Establécese nesta liña unha subvención segundo o método de custes simplificados asociado á operación coas seguintes contías:

2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

a) Persoas menores de 30 anos.

b) Persoas desempregadas de longa duración.

c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.

d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

e) Persoa desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.

f) Persoa desempregadas que teñan a condición de estranxeira.

g) Persoas maiores de 52 anos.

A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable á letra g) anterior.

d) Persoas trans.

e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo III.

Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.

E a Liña 2 céntrase en sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas, equivalente á contía da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, multiplicada por 12, e sempre que se acollan á citada redución. 

O importe da dita contía será o determinado polo Real decreto lei 13/2022, do 26 de xullo, polo se establece un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e se mellora a protección por cese de actividade. É dicir, un total de 960€ por persoa solicitante.

Modelo do cartel para dar publicidade da axuda do Programa para a promoción do emprego autónomo recibida

Modelo segundo se establece no artigo 22.i da orde que regula a convocatoria

Acceso á ficha da axuda