Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Cartel TR760A

Infografía TR760A


Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas traballadoras por conta propia,
  • As comunidades de bens ou sociedades civís,
  • As microempresas e
  • As persoas mutualistas.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación da súa solicitude e estivesen de alta un mínimo de catro (4) meses e un máximo de nove (9) meses no ano 2019.

  • Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física ou xurídica.
  • Considerarase microempresa para efectos desta axuda aquela empresa que ocupa menos de dez persoas  traballadoras e cun balance xeral anual inferior a dous millóns de euros.
  • Quedan excluídas as actividades para as que se convocaron axudas específicas no contexto da COVID-19 das consellerías da Xunta de Galicia competentes por razón da materia, entre outras: hostalería, axencias de viaxe, lecer nocturno, pesca, acuicultura e actividades culturais.

Contía da axuda económica

O importe das axudas está en función da facturación que se acredite no ano 2019 e conforme a seguinte distribución:

  • Facturación superior a 30.000 €: 12.000 €
  • Facturación superior a 20.000 € e ata 30.000 €: 8.000 €
  • Facturación superior a 12.000 € e ata 20.000 € : 6.000 €
  • Facturación superior a 8.000 € e ata 12.000€: 4.000€
  • Facturación superior a 5.000€ e ata 8.000€: 2.000€
  • Facturación igual ou superior a 4.000€ e ata 5.000€: 1.000€

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das contías indicadas.

Principais obrigas das persoas beneficiarias

As principais obrigas e requisitos establecidos para as persoas beneficiarias son as seguintes:

  • Estar de alta ou situación asimilada no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA, ou na mutualidade correspondente) ou que é unha persoa autónoma de tempada que está de alta no momento da solicitude.
  • Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  • Haber tido unha facturación mínima de 4.000€ no ano 2019, acreditando unha baixada de facturación de, polo menos, o 65 % no ano 2021 respecto do ano 2019.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de pagamento da subvención.
  • Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
  • Manter a alta na actividade durante seis (6) meses desde a publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas.

Modelo de indicadores comúns de resultado inmediato a presentar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de indicadores a presentar polas persoas beneficiairas referidos aos seis meses despois de que finalice o período de mantemento da actividade. (artigo 14.b)

Modelo Indicadores comúns


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG