Presentación do Programa

A Xunta de Galicia, dentro do Programa Galicia Camiño Emprendedor, pon en marcha o programa de mentoría para persoas emprendedoras #12Etapas12Retos xunto coa Fundación Ronsel.

Está dirixido a persoas traballadoras autónomas e persoas empresarias, cos seguintes obxectivos:

  • Apoiar ás persoas profesionais autónomas e empresarias, acompañándoas na consolidación e mellora dos seus negocios.
  • Promover a sustentabilidade nas empresas de economía social, as persoas autónomas e persoas empresarias, vinculando os seus negocios aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  • Promocionar Galicia e o Camiño de Santiago como destino de ocio e actividade económica, recorrendo algunha etapa de todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago e pasando polas 4 provincias galegas.

O obxectivo principal de cada etapa é a mellora dos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía de mentoría “Facendo Camiño”.

Etapas do Programa

Pero ademais do anterior, cada etapa terá como obxectivo transversal o seu propio reto, conforme á seguinte táboa (fai click na imaxe para vela con maior detalle):

Cada reto representa algo que queremos construir, defender e promocionar, por pequeño que sexa, dentro do noso emprendemento, e contribuír así á sustentabilidade e á igualdade de oportunidades no noso contorno.

IMPORTANTE:

  • Cada etapa ten un máximo de 6 prazas dispoñibles, que se adxudicarán por orde de inscrición. Unha vez cubertas as 6 prazas dispoñibles, habilitarase unha lista de espera para que poidan inscribirse as persoas interesadas.
  • Cada persoa só poderá inscribirse nunha etapa.
  • A organización cubre os custos das persoas participantes dende o punto de saída ata o punto de chegada (incluíndo pasar a noite).
  • Existe un seguro de cobertura de accidentes durante as etapas.

Para máis información, pode escribir un correo a gce@fundacionronsel.org 

Inscrición

A continuación consulte a etapa que máis lle interese ou que máis lle motive e inscríbase para participar no Programa.

Etapa do Programa xa celebrada, polo que a súa inscrición non é posible.

Grazas

Experiencias no Camiño Emprendedor

Por último, queremos invitarche a ver no seguinte vídeo as experiencias e valoracións feitas por persoas que teñen participado xa nalgunha das etapas do Programa Camiño Emprendedor #12Etapas12Retos