Project Image

 

Presentación do Programa

A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pon en marcha neste 2026 unha nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras compartindo unha etapa do Camiño de Santiago.

O obxectivo principal de cada etapa á a mellora dos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía de mentoría “Facendo Camiño”.

 

Obxectivos transversais do Programa

  • Realizar 3 “dobres etapas” en tramos oficiais do Camiño de Santiago.
  • Desenvolver cada etapa en dúas xornadas, empregando e promocionando negocios de hostalería e aloxamento que sirvan como exemplo pola súa vinculación ao Camiño de Santiago, pola singularidade do seu modelo de negocio, pola súa defensa das tradicións ou outras características que resulten de interese.
  • Mentorizar a persoas emprendedoras axudándolles a consolidar os seus proxectos empresariais e xerar contactos de interese para atraer novas oportunidades.
  • Practicar as relacións profesionais e fomentar as habilidades de comunicación e xeración de alianzas.
  • Promover e dar a coñecer Galicia e o Camiño de Santiago en España e fóra dela, empregando as diferentes rutas recoñecidas de forma oficial.
  • Impulsar nas rutinas de traballo das persoas, hábitos saludables como realizar exercicio ou o contacto coa natureza.
  • Difundir a boa práctica de “tomar decisións camiñando”, respaldada por diversos estudos científicos.
  • Conectar, entre si e con outras que se atopen no exterior de Galicia, ás asociacións de galegos e galegas retornadas que queiran sumarse.
  • Contar coa participación do persoal técnico e persoas emprendedoras da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

 

Obxectivos específicos do Programa

Cada etapa terá tres áreas de traballo especializado:

  • Unha primeira con foco nas ideas innovadoras para o contorno rural, as actividades deportivas e/ou a sostibilidade: cada participante debe expoñer un exemplo sobre algunha destas ideas innovadoras, aplicables na súa actividade profesional ou a dos seus compañeiros/as de etapa.
  • Unha segunda con foco na capacidade de relacionarse, practicando as competencias emprendedoras e creando novos contactos nacionais e internacionais.
  • E unha terceira con foco na mellora sobre a xestión do seu tempo, tomando como referencia o que tiveron que planificar para poder participar neste proxecto.

 

Etapas do Programa Galicia Camiño Emprendedor 2026

En todas as etapas participarán 6 persoas emprendedoras, 6 persoas mentoras e 3 personas dinamizadoras da Fundación Ronsel (en total 15 persoas por etapa).

Nesta edición 2026 as etapas do Programa serán as seguintes:

11 - 12 de xuño de 2026 - Etapa I (Lugo) O Cebreiro - Triacastela - Sarria | Camiño Francés


Descrición das condicións da etapa:

Día 1 (21 km) Dia 2 (19 km)

Localidade de inicio: O Cebreiro

Dificultade: media-alta

Duración da etapa: 5 horas

13.00 h - Saída autobús A Coruña – O Cebreiro

20.00 h - Chegada a Triacastela (pernoctación)

Localidade de inicio: Triacastela

Dificultade: media-baixa

Duración da etapa: 4 horas

9.30 h - Saída desde Triacastela

13.30 h - Chegada a Sarria

13.45 h - Xantar

15.00 h - Regreso en autobús (á cidade da Coruña)

Persoas participantes:

O 100 % das persoas participantes serán galegas retornadas (salvo necesidades organizativas).


Formulario de Inscrición

1-2 de novembro de 2026 - Etapa II (Ourense) Ponte de Domingo Flórez - O Barco de Valdeorras - A Rúa


Descrición das condicións da etapa:

Día 1 (17 km) Dia 2 (14 km)

Localidade de inicio: Puente de Domingo Flórez

Dificultade: media

Duración da etapa: 4,5 horas

12.00 h - Saída autobús A Coruña – Ponte de Domingo Flórez

19.15 h - Chegada ao Barco de Valdeorras (pernoctación)

Localidade de inicio: O Barco ce Valdeorras

Dificultade: media

Duración da etapa: 3,5 horas

09.30 h - Saída desde O Barco de Valdeorras

13.00 h - Chegada a A Rúa

13.15 h - Xantar

14.45 h - Regreso en autobús (á cidade da Coruña)

 

Persoas participantes:

Como máximo, o 50 % das personas participantes procederán de outras comuniodades ou cidades autónomas españolas.


 

10-11 de decembro de 2026 - Etapa III (A Coruña) Arzúa - Arca (O Pino) - Santiago de Compostela | Camiño Primitivo


Descrición das condicións da etapa:

Día 1 (18,5 km) Dia 2 (20 km)

Localidade de inicio: Arzúa

Dificultade: media

Duración da etapa: 4,5 horas

12.00 h - Saída autobús A Coruña – Arzúa

18.00 h - Chegada a O Pino (pernoctación)

Localidade de inicio: O Pino (Arca)

Dificultade: media

Duración da etapa: 5 horas

09.00 h - Saída desde O Pino

14.00 h - Chegada a Santiago

14.15 h - Xantar

15.45 h - Regreso en autobús (á cidade da Coruña)

Persoas participantes:

Etapa aberta a calquera perfil de persoa participante que resida en Galicia (o segundo tramo estará aberto a calquera persoa participante de etapas anteriores desta edición ou de outras).


Formulario de Inscrición