A continuación se presenta un recompilatorio das infografías informativas que se van elaborando para as distintas liñas de axudas que convoca a Consellería de Emprego Comercio e Emigración ao longo deste ano 2026, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo, segundo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Promoción do emprego autónomo - 04/02/2026

 

Axudas para apoiar a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral como persoa traballadora autónoma e para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses ou a 24 meses da contía da cota reducida á Seguridade Social. (TR341D).

 

Infografía


Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas - 04/02/2026

 

Axudas dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante distintos tipos de investimentos relacionados directamente con eles. (TR341Q).

 

Infografía


Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas - 04/02/2026

 

Axudas para apoiar a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, a contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia ou mediante o apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia. (TR341R).

 

Infografía


Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios - 04/02/2026

 

Axudas para evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller o testemuño dun negocio xa viable economicamente, apoiando o cambio motivado pola xubilación, pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio ou por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou a morte. (TR353D).

 

Infografía


Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 04/02/2026

 

Subvencións para promover os incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo, favorecendo a creación de novos empregos estables e contribuíndo ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, contribuíndo a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras. (TR349F).

 

Infografía


Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 04/02/2026

 

Axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma, facilitando a volta á actividade económica a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector, a través do bono nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio. (TR790A).

 

Infografía


Axudas ao emprendemento - 30/01/2026

 

Subvencións dirixidas a facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantenndo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data da presentación da solicitude. (TR880A).

 

Infografía