Infografías axudas 2024
A continuación se presenta un recompilatorio das infografías informativas que se van elaborando para as distintas liñas de axudas que convoca a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ao longo deste ano 2024, presentadas de máis actual a máis antiga no tempo, segundo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Axudas do Programa de apoio para a contración de mulleres en ocupacións masculinizadas - 18/07/2024
Mediante este Programa se busca favorecer a contratación de mulleres desempregadas na empresa ordinaria en ocupacións masculinizadas, coa finalidade de contribuír a incrementar as baixas taxas de ocupación feminina nas ditas ocupacións. Neste sentido, consideraranse ocupacionais masculinizadas aquelas que en 2023 reflictiron unha diferenza porcentual de polo menos 20 puntos entre os valores de contratación masculina e feminina, e segundo o cal se elabora unha lista de ocupacións con subrepresentación feminina por ocupacións (TR349W).
Axudas do Bono Remuda para o fomento da remuda xeracional - 06/06/2024
Axudas do Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional, para evitar o peche de negocios pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persona titular di negocio, por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte, e para facilitar que as personas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente. (TR353D).
Axudas para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas mediante contratos formativos - 22/05/2024
Incentivos para mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas á vez de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego (TR353C).
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 09/04/2024
Incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica, sufragando as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa (TR340E).
Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 06/02/2024
Esta axuda céntrase en apoiar a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non teñan cumprido os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de empresas que estean investindo en investigación e innovación para a realización de iniciativas de investigación e innovación en calidade de investigadoras, tecnólogas, persoal técnico e outros perfís profesionais en I+D+i, facilitando a súa inserción laboral para contribuír a incrementar a competitividade da investigación e a innovación. (TR349V)
Axudas para apoiar iniciativas de emprendemento - 05/02/2024
Esta subvención de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 ten como finalidade facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado. (TR880A)
Axudas para a contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 29/01/2024
Estes apoios para persoas traballadoras por conta propia céntranse en favorecer favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras. Este programa inclúe dous tipos de axudas, compatibles entre si: Bono de contratación e Bono de formación (opcional). (TR349F)
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 24/01/2024
Estas axudas apoian ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten unha persoa traballadora, ben sexa para apoio no negocio durante o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento ou a transformen en indefinida posteriormente, ben sexa para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, segundo o disposto nesta orde. Así mesmo, subvencionarase unha parte do custo dos centros e/ou servizos para o coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia. (TR341R)
Programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 22/01/2024
Esta axuda céntrase nas persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade que volven emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas tras ser demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector (TR790A).
Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria- 22/01/2024
O Plan define incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables, na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), coa finalidade de seguir paliando os prexuizos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucrania por parte de Rusia (TR342C).
Programa do bono das persoas traballadoras autónomas - 22/01/2024
Esta axuda céntrase nas persoas traballadoras autónomas para impulsar a mellora da competitividade mediante investimentos relacionados directamente co seu negocio. Céntrase principalmente en axudar a cimentar a consolidación de proxectos que xa superaron os tres primeiros anos de vida; por iso, nesta orde implántase unha liña de apoio á consolidación da persoa autónoma co obxectivo de contribuír á súa mellora competitiva. Unha liña que o fará a través do investimento nos negocios. (TR341Q).
Promoción do emprego autónomo e Cota Cero - 09/01/2024
Axudas para as persoas desempregadas que inicien o seu desenvolvemento laboral como traballadoras autónomas en Galicia, contando cunha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e outra axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida á Seguridade Social (TR341D).
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas - 09/01/2024
Axudas ás empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, para desenvolver accións formativas con compromiso de contratación dirixidas á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas para o desempeño de postos de traballo obxecto da contratación. (TR301P).