Programa do bono das persoas autónomas - 2022


  • 31/12/2021
  • 14/02/2022
Accede dende aquí

TR341Q - Programa do bono das persoas autónomas - 2022


Infografía explicativa


Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo PRTR e polos Fondos Next Generation da UE.

Cartel TR341Q


Data de publicación: 30/12/2021

Data inicio solicitude: 14/01/2022

Data fin solicitude: 14/02/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Características da axuda

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade que se vaia subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1, mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

  • Plan estratéxico do negocio.
  • Plan de reorientación do negocio.
  • Plan de refinanciamento.
  • Plan de márketing.
  • Plan de eficiencia enerxética.
  • Plan de biodiversidade.
  • Plan de comunicación do negocio.
  • Plan de transformación dixital.
  • Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
  • Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2021 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

Liña 2, mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utensilios e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 €.

No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.


Accede ao certificado de idoneidade da entidade prestadora do servizo

Modelo segundo se establece no artigo 14.1.b da orde que regula a convocatoria


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 31 Decembro, 2021
Válido ate: 
luns, 14 Febreiro, 2022