O PRAZO DE SOLICITUDE PECHOUSE O 18 DE MARZO 

 


Persoas beneficiarias

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme ao indicado no artigo 29 da convocatoria da axuda, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivisen unha baixa de facturación de polo menos o 45 %.

Requisitos

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

Ter domicilio fiscal en Galicia,

Que a facturación teña baixado polo menos na cantidade indicada no apartado anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.

b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Excepcionalmente, se contemplan outros parámetros para os seguintes supostos:

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

b) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularáse comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

a) 1.000 € se ten de 4 a 9 persoas traballadoras.

b) 2.000 € se ten de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 € se ten de 21 a 25 persoas traballadoras.

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do ano 2020.

Compromiso

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación en o Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG

Correción erros DOG

Infografía explicativa