Apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias afectadas pola seca do 2017
- 06/02/2018
- 28/03/2018
-
Etapa
IG110A - Apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de Galicia afectadas pola seca do ano 2017 (2018).
Data de publicación: 05/02/2018
Data inicio de solicitude: 06/02/2018
Data fin solicitude: 28/03/2018
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (SGR).
Características da axuda
Apoio financeiro en réxime de non concorrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis:
1. Refinanciamento de pasivo
2. Apoio ao circulante
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas autónomas que desenvolvan unha actividade económica agraria.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG
Válido desde:
Martes, 6 Febrero, 2018
Válido hasta:
Miércoles, 28 Marzo, 2018