Axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura


  • 08/02/2018
  • 07/03/2018
Accede desde aquí

PE201B - Axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e acuicultura - FEMP (2018).

Data de publicación: 07/02/2018

Data inicio de solicitude: 08/02/2018

Data fin solicitude: 07/03/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva.

As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:

1. Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

2. Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

3. Axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.

4. Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.

6. Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que realicen unha actividade incluída dentro do sector da transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura no momento da solicitude da axuda.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido desde: 
Jueves, 8 Febrero, 2018
Válido hasta: 
Miércoles, 7 Marzo, 2018