Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais - 2019
- 14/02/2019
- 13/03/2019
-
Etapa
IN500A - Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (2019)
Data de publicación: 13/02/2019
Data inicio de solicitude: 14/02/2019
Data fin solicitude: 13/03/2019
Obxecto
As bases regulan as axudas da Axencia Galega da industria foresta aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
Características da axuda
Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:
a) Plans e ferramentas de xestión empresarial
b) Equipamentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa
d) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, así como as adaptacións e implementos
e) Procesadoras, cortadoras e outros equipos de corta, así como as adaptacións e implementos
f) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa
g) Maquinaria e instalacións de primeira transformación de madeira
h) Maquinaria e instalacións de primeira transformación para procesamento da biomasa forestal: asteladura, almacenamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal
i) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais)
j) Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que acrediten a viabilidade económica do proxecto, teñan un seguro de responsabilidade civil en vigor e estean inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG