Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal - 2019


  • 26/04/2019
  • 27/05/2019
Accede desde aquí

CO300C - Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal - 2019

Data de publicación: 26/04/2019

Data inicio de solicitude: 27/04/2019

Data fin solicitude: 27/05/2019

Obxecto

As bases regulan o contenido e procedemento de tramitación das subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis, entre un máximo dun 80% - letras a) e e) seguintes - o do 70% de porcentaxe de subvención para os proxectos incluídos nas letras b) c) e d) seguintes:

a) Implantación e actualización de páxinas web comerciais.

b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou bigdata centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, e ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.

c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.

d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).

e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que cumpran cos requisitos establecidos na orde (artigo 3º).

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido desde: 
Viernes, 26 Abril, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 27 Mayo, 2019