Apoio á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións - 2019
- 20/05/2019
- 20/06/2019
-
Etapa
MR405B - Apoio á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións - 2019
Data de publicación: 20 de maio de 2019
Data de inicio solicitude: 21de maio de 2019
Data de remate solicitude: 20 de xuño de 2019
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas para incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario
Características da axuda
A axuda consistirá nunha prima de 15.000 €, e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas titulares dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da Orde, cumprindo co resto de requisitos establecidos no artigo 37 da Orde publicada.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.
Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.