Axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do Proxecto "Industria Conectada 4.0"


  • 12/08/2019
  • 30/09/2019
Accede desde aquí

469657 -  Axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do Proxecto "Industria Conectada 4.0"

Data de publicación:  12 de agosto de 2019

Data de inicio solicitude: 1 de agosto de 2019

Data de remate solicitude: 16 de setembro de 2019 (Ampliado o prazo ata o 30 de setembro)

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións, en concepto de axudas en especie para empresas industriais, dirixidas a impulsar a dixitalización da industria española e dotar ás empresas de estratexia, iniciativas e acciós que lles axuden nesa transformación no marco do Proxecto “Industria Conectada 4.0".

Características da axuda

Estas axudas teñen por obxecto o impulso da transformación dixital da industria española a través das empresas industriais.

As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá unha diagnose da situación de partida da empresa beneficiaria e a elaboración dun plan de transformación dixital. O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias e a realización de talleres temáticos e demostrativos de apoio ao asesoramento, cun mínimo de 50 horas de asesoramento individualizado. O dito asesoramento terá a condición de axudas en especie.

A empresa beneficiaria recibirá dentro do asesoramento especializado os seguintes servizos:

a) Diagnose previa da situación dixital de partida da empresa e un análise interno da organización e do negocio.
b) Plan de Transformación que incluirá a definición das actuacións do Plan, a cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización e un benchmarking de habilitadores.
c) Visitas necesarias ás instalacións da industria beneficiaria.
d) Talleres demostrativos de contido práctico, que acheguen as solucións dixitais ás empresas industriais beneficiarias do asesoramento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas autónomas que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que, na súa condición de tales, desenvolvan ou vaian desenvolver unha actividade industrial produtiva se o seu obxecto social se refire a actividades encadradas na Sección C - Divisións 10 a 32 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009), aprobada polo Real Decreto 475/2007, de 13 de abril.

Publicación BOE Ficha informativa no portal da EOI

Publicación DOG Ampliación prazo BOE

Válido desde: 
Lunes, 12 Agosto, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2019