Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal - 2020


  • 25/01/2020
  • 24/02/2020
Accede desde aquí

TR357C - Axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal - 2020

Data de publicación: 24/01/2020

Data inicio de solicitude: 25/01/2020

Data fin de solicitude: 24/02/2020

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas para implantar sistemas de xestión de RSE (código TR357B), a igualdade laboral (código TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (código TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Esta orde de convocatoria de axuda estrutúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.

Liña II: Conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: Incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

Subliña II.3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Liña III: Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), Certificación Empresa saudable, asi mesmo Selo Horarios Racionais (SHR).

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, entre outras, as persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Sábado, 25 Enero, 2020
Válido hasta: 
Lunes, 24 Febrero, 2020