Axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia - 2021 - 2022
- 28/01/2021
- 31/05/2021
-
Etapa
IG638A - Axudas para a contratación de xestores de internacionalización (2021-2022)
Data de publicación: 28/01/2021
Data inicio de solicitude: 29/01/2021
Data remate de solicitude: 31/05/2021
Obxecto
As bases teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior –priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os senior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.
Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.