Programa I: fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación - 2021


  • 20/07/2021
  • 20/08/2021
Accede desde aquí

TR807I - Programa I: fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación - 2021

Data de publicación: 20/07/2021

Data inicio de solicitude: 21/07/2021

Data remate de solicitude: 20/08/2021

Infografía informativa

Obxecto

Este programa ten como obxecto fixar as bases reguladoras e publicar a convocatoria do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Características da axuda

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 20 Julio, 2021
Válido hasta: 
Viernes, 20 Agosto, 2021