Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais - 2022


  • 03/01/2022
  • 08/03/2022
Accede desde aquí

IG501A - Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais - 2022

Data de publicación: 03/01/2022

Data inicio de solicitude: 04/01/2022

Data remate de solicitude: 08/03/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para apoiar os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Características da axuda

Con carácter xeral, serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da hostalaría, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. 

b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea.

O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda, e deberán referirse exclusivamente a unha única actividade, á marxe doutras que poida desenvolver o solicitante.

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 45.000 €

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As persoas traballadoras autónomas e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (dentro dos 12 meses anteriores á solicitude da axuda). Non se considera que existe nova creación nos supostos de cambio de natureza xurídica (de persoa traballadora autónoma a sociedade mercantil unipersoal, por ex.) e se as persoas socias que representen a maioría do capital social viñesen desenvolvendo a mesma actividade por conta propia desde antes dos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.


Publicación DOG

Válido desde: 
Lunes, 3 Enero, 2022
Válido hasta: 
Martes, 8 Marzo, 2022