Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2023


  • 28/02/2023
  • 31/03/2023
Accede desde aquí

CO300C - Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2023

Data de publicación: 28/02/2023

Data de inicio solicitude: 01/03/2023

Data de remate solicitude: 20/04/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar a concesión de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Consideraranse subvencionables as actuacións previstas sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2022 ata a data límite de xustificación establecida, pola incidencia que nos sectores do comercio e da artesanía teñen tanto o período de rebaixas de inverno como a campaña de Nadal, que son para moitos establecementos o momento idóneo para o lanzamento de novas propostas comerciais, en establecementos e a través da canle dixital.

Características da axuda

Considéranse actuacións subvencionables:

1. Liña de dixitalización comercial.

Establécense dous módulos de actuacións subvencionables en función do grao de dixitalización do comercio. A realización das actuacións do módulo I e as do módulo II son incompatibles e excluíntes entre si.

Obradoiros artesáns e Comerciantes retallistas con tenda física Módulo I Sen páxina web Todas as actuacións do Módulo I (obrigatorias)
Módulo II Con páxina web sen venda en liña Actuacións do Módulo II, letra a)
Con páxina web con venda en liña Actuación do Módulo II, letra b)
Comerciantes retallistas sen tenda física Módulo I Todas as actuacións do Módulo I (obrigatorias)
Módulo II Actuacións do Módulo II

2. Liña de modernización comercial.

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal que melloren o deseño e a calidade do produto final.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas.

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño de 2014), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego.

c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade para a que vai dirixida a subvención. No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns.

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

Válido desde: 
Martes, 28 Febrero, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 31 Marzo, 2023