Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER - 2020


  • 30/12/2019
  • 31/01/2020
Accede desde aquí

MR701D - Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER (2020)

Data de publicación: 30/12/2019

Data inicio de solicitude: 31/12/2019

Data fin solicitude: 31/12/2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2019 e 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR, Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local.

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 13 de decembro de 2019, e que se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2019)

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

As axudas terán como finalidade realizar investimento en:

  • a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. 
  • b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. 
  • c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos. 
  • d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións. 
  • e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados. 
  • f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas. 
  • g) Medios e equipos de transporte. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as personas físicas.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Bases reguladoras

Válido desde: 
Lunes, 30 Diciembre, 2019
Válido hasta: 
Viernes, 31 Enero, 2020