Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER - 2020
- 30/12/2019
- 31/01/2020
-
Etapa
MR701D - Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER (2020)
Data de publicación: 30/12/2019
Data inicio de solicitude: 31/12/2019
Data fin solicitude: 31/12/2020
Obxecto
As bases teñen por obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2019 e 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR, Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local.
Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 13 de decembro de 2019, e que se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2019)
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas terán como finalidade realizar investimento en:
- a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto.
- b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
- c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos.
- d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións.
- e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados.
- f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.
- g) Medios e equipos de transporte.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as personas físicas.