Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade

Cartel TR600C


Preguntas frecuentes TR600C

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, que reúnan as condicións establecidas na Orde e: 

  • Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de más dun 30%.
  • Os demais requisitos establecidos no artigo 7 da Orde.

No caso de grupos consolidados que tributen no Imposto sobre sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario a efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias, o citado grupo como un contribuínte único, e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado o volume de operacións a considerar para determinar a caída da actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que o conformen.

Requisitos

Serán subvencionables os gastos realizados para:

  • O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
  • O pago da débeda derivada dos custos fixos.

Os pagos a os que se refire o punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
  • A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
  • Os pagos deben estar pendentes o 31 de maio de 2021, aínda que xa estivesen realizados na data da presentación da solicitude.

A data de nacemento dos compromisos contractuais e a data de nacemento da obriga de pago xustificarase coa data que se sinale no contrato de referencia e/ou factura correspondente.

Contía da axuda económica

As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes (sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa):

  • 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60% .
  • 12.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.
  • 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis.

A dita cantidade incrementarase ata 15.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teña no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:

  • 5.000 euros se ten de 26 a 50 persoas traballadoras.
  • 10.000 euros se ten de 51 a 100 persoas traballadoras.
  • 15.000 euros se ten máis de 100 persoas traballadoras.

Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50% das cantidades indicadas.


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG

Infografía explicativa

DOG Corrección erros

Modificación DOG

Solicitude sede

Real Decreto-lei 5/2021

Por último, na disposición final terceira do Real Decreto - lei 17/2021, de medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos do gas natural nos mercados minoristas de gas e electricidade, se inclúe unha nova redacción ao apartado 3 do artigo 1º do Real Decreto-lei 5/2021.

Real Decreto-lei 17/2021