Liña de avais ICO RD-l 6/2022- Consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucrania - 2022


  • 08/06/2022
  • 01/12/2022

Liña de avais ICO RD-l 6/2022- Consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucrania - 2022

Data de publicación: 08/06/2022

Data inicio de solicitude: 09/06/2022

Data remate de solicitude: 01/12/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar a liña de avais públicos co fin de dar cobertura ao financiamento outorgado por entidades financeiras supervisadas a persoas traballadoras autónomas e empresas, que lles permita facer fronte ás necesidades de liquidez na actual coxuntura.

Características da axuda

A finalidade desta liña de avais é cubrir a parte correspondente do principal das novas operacións de financiamento concedidas por entidades financeiras supervisadas a empresas e persoas traballadoras autónomas, pertencentes a todos os sectores produtivos con excepción do sector financeiro e de seguros, que se atopen afectadas polos efectos económicos da guerra en Ucraína, como o incremento dos prezos da enerxía, materias primas ou electricidade.

O financiamento avalado destínase a cubrir as necesidades de liquidez das empresas e autónomos (gastos correntes, capital circulante e investimentos).

As persoas traballadoras autónomas e empresas poderán acceder a dous tipos de avais en función do importe avalado e do financiamento:

Se o importe avalado é inferior a 400.000 euros por beneficiario (35.000 euros no caso de empresas do sector agrario, acuicultura e pesca) nunha ou varias operacións, e réxese polo marcado no apartado 2.1 do Marco Temporal da UE:

- O aval ascenderá como máximo ao 80% do principal das operacións.

- Prazo máximo: 10 anos.

Cando o beneficiario superase o límite acumulado de axudas de 400.000 euros que establece a normativa da UE (35.000 euros no caso de empresas do sector agrario, acuicultura e pesca), ou cando así o solicite a persoa traballadora autónoma ou empresa aínda que non superase o citado límite, as operacións avaladas rexeranse polo establecido na sección 2.2 do novo Marco Temporal:

- O importe total do financiamento avalado non poderá superar o maior de:

- O 15 % do volume de negocios anual medio total do beneficiario durante os tres últimos exercicios pechados, se o beneficiario estivese en funcionamento durante ese tempo, ou durante o tempo que estivese en funcionamento se fose menor a tres anos,

- O 50 % dos custos da enerxía nos doce meses anteriores ao mes no que se presente a solicitude de financiamento á entidade financeira, custos que deberán ser acreditados por un provedor de enerxía ou de servizos técnicos independentes.

- No caso de persoas traballadoras autónomas e pemes o aval ascenderá como máximo ao 80% do principal da operación.

- Para o resto de empresas, que non teñan a consideración de peme, o aval cubrirá como máximo o 70% do principal da operación.

- Prazo máximo: 8 anos.

Persoas beneficiarias

Serán beneficiarias de esta liña de avais as persoas traballadoras autónomas, pemes e empresas.


Máis información

Válido desde: 
Miércoles, 8 Junio, 2022
Válido hasta: 
Jueves, 1 Diciembre, 2022