Axudas para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial - 2023


  • 10/02/2023
  • 10/03/2023
Accede desde aquí

TR357B - Axudas para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial - 2023

Data de publicación: 10/02/2023

Data inicio de solicitude: 11/02/2023

Data remate de solicitude: 10/03/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 19600, SGE 21, global accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable e, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).

Características da axuda

A contía da subvención será o pagamento do 80 % dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as pemes ou persoas traballadoras autónomas que tengan un mínimo cinco persoas traballadoras, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas. 

Válido desde: 
Viernes, 10 Febrero, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 10 Marzo, 2023