Subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes - 2023
- 17/07/2023
- 17/08/2023
-
Etapa
TR880B - Subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes - 2023
Data de publicación: 17 de xullo de 2023
Data de inicio solicitude: 18 de xullo de 2023
Data de finalización solicitude: 17 de agosto de 2023
Obxecto
Esta Orde teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as subvencións Emprendemento Plus para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:
a) Programa I. Emprendemento Plus Investimento. Este programa ten por obxecto apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.
b) Programa II. Emprendemento Plus Emprego. Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de persoas autónomas e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea e que inclúe dúas modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.
Características da axuda
Programa 1: Emprendemento Plus Investimento
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable á iniciativa de emprendemento, que se clasifican en custos directos, determinados con base no seu custo real, e custos indirectos, determinados mediante un método de custo simplificado e en concreto:
1. Equipamento informático.
2. Activos intanxibles.
3. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
4. Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio.
5. Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man.
6. Custos indirectos do proxecto, que se fixan nun tipo fixo do 3 % sobre os custos directos subvencionables indicados nos números do 1) ao 5).
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado, tendo en conta que o investimento mínimo admisible será de 10.000 euros:
Rango de investimento | % de investimento subvencionable |
Entre 10.000€ e 30.000€ | 60% |
Entre 30.001€ e 50.000€ | 55% |
Entre 50.001€ e 100.000€ | 50% |
Entre 100.001€ e 200.000€ | 45% |
Programa 2. Emprendemento Plus Emprego
Para que as contratacións sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se realice cunha persoa desempregada.
b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable para este programa II de apoio ao emprego, que comprende, neste caso, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024.
As axudas definidas no artigo anterior terán os seguintes incentivos:
a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: incentivo de 6.000 €.
b) As contratacións de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 6.000 €.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, así como entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades civís, etc., sempre que cumpran a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
Para seren beneficiarias deberán cumprirse os dous requisitos seguintes:
a) Que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade que se trate, con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
b) Que iniciasen a súa actividade económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.