Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) - 2024


  • 22/01/2024
  • 30/09/2024

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) - 2024

Data de publicación: 22/01/2024

Data de inicio solicitude: 23/01/2024

Data de remate solicitude: 30/09/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante con venio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I da mesma.

Características da axuda

I.1. Préstamos avalados para o crecemento das pemes (Reaval Crecemento).

I.2. Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos (Reaval Garantías).

Axuda do Igape en forma de garantía

As características, finalidades, importes máximos e mínimos, e condicións das operacións financeiras apoiadas serán as detalladas para cada liña de financiamento recollida no anexo I da Resolución.

Naquelas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape poderá consistir no reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada e, en todo caso, co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25 % do risco asumido pola SGR, de acordo co previsto na normativa vixente de avais do Igape.

Considérase como axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada á persoa beneficiaria.

Con carácter xeral, o reaval do Igape ante as SGR será do 25 % do risco asumido pola SGR, salvo nos casos en que a SGR combine este coa cobertura de reavais doutros organismos públicos ou dependentes da Administración. Nestes supostos, aplicarase en primeiro lugar a porcentaxe máxima prevista por esoutros organismos públicos ou dependentes da Administración, para cada tipo de operación. Se, como consecuencia da suma das porcentaxes de reaval desoutros organismos e do Igape se exceden os límites de porcentaxe máxima permitida pola normativa vixente, reducirase a cobertura do reaval do Igape na porcentaxe necesaria para non superar o citado límite.

Axuda do Igape en forma de subsidiación de gastos financeiros.

Nas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape poderá consistir nunha bonificación do tipo de xuro nominal e/ou das comisións de aval das operacións de préstamo acollidas a este Marco de apoio.

A axuda que se aboará ao titular calcularase do seguinte xeito:

– Calcularanse os valores absolutos dos puntos que se percibirán durante o período establecido para cada modalidade incluída no anexo I.

– Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da concesión da operación financeira.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Válido desde: 
Lunes, 22 Enero, 2024
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2024