Programa de remuda xeracional - 2018


  • 21/06/2018
  • 01/10/2018
Accede desde aquí

TR341S - Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas

Data de publicación: 21/06/2018

Data inicio solicitude: 22/06/2018

Data fin solicitude: 01/10/2018

Obxecto

Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Características da axuda

A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.
No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións
ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos(RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Neste enlace se pode acceder á infromación detallada dos pasos para solicitar a axuda.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Neste enlace tamén se ten acceso á sección da oficina do autónomo para obter o Documento de inscrición no Programa de remuda (Anexo I)

 

Válido desde: 
Jueves, 21 Junio, 2018
Válido hasta: 
Lunes, 1 Octubre, 2018