Axudas para novos emprendedores (Galicia Emprende) - 2018


  • 25/06/2018
  • 25/10/2018
Accede desde aquí

IG406F - Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo FEDER (Galicia Emprende)

Data de publicación: 25/06/2018

Primeira convocatoria:

Data inicio solicitude - primeira convocatoria: 26/06/2018

Data fin solicitude - primeira convocatoria: 27/07/2018

Segunda convocatoria:

Data inicio solicitude - segunda convocatoria: 30/07/2018

Data fin solicitude - segunda convocatoria: 25/10/2018

Obxecto

Fixar as bases e os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Igape para novos emprendedores e convocar para o 2018 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Características da axuda

1. Serán subvencionables  os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

A estes efectos, considérase novo emprendedor aquela persoa física que non estea a acometer outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda que desempeñe unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.

Os proxectos a apoiar deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

Exclúense as actividades do sector da pesca e acuicultura, as do sector da produción agrícola primaria, as do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas e as das actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Válido desde: 
Lunes, 25 Junio, 2018
Válido hasta: 
Jueves, 25 Octubre, 2018